
Na tardiña do luns 3 de agosto, tras un par de meses de descanso, volvía rodar o balón no campo municipal de Calabagueiros co primeiro adestramento para o CD Barco de Terceira Federación.
Comezaba así unha pretempada na que o equipo barquense, con Agustín Ruíz á fronte, se preparará a fondo para a nova campaña, con numerosos amigables, fóra e tamén na casa.
O primeiro test de nivel será xa o vindeiro sábado 8 de agosto ás 18 horas, no XI Memorial Miguel Fariñas que xogará contra o Verín CF que regresaba este ano a Preferente. Unha semana despois disputará un triangular; e o 19 de agosto xogará contra a UD Ourense, recén ascendido á Primeira Federación. O 22 de agosto xogar outro triangular co Atlético Bembibre e a SD Ponferradina; e o 27 outro, nesta ocasión en casa co Auriense e o Ourense CF. O último confirmado ata o momento será co Lalín o 30 de agosto.
