
Nova data para o Memorial Miguel Fariñas do Centro de Deportes Barco no campo municipal de Calabagueiros. A XI edición do amigable en memoria dun dos presidentes máis querido do club barquense estaba inicialmente prevista para o 8 de agosto entre o CD Barco e o Verín CF, pero a imposibilidade de asistir ao equipo verinense obrigaba a cancelar o partido.
O Barco continuaba coa sua pretempada tendo previsto para o 27 de agosto un triangular en Calabagueiros co Ourense CF e co Auriense. “Por motivos X o Auriense non virá xogar e cambiamos o partido para o mércores 26 de agosto a partir das 18:30 horas co Ourense”, explican dende o CD Barco, asegurando que aproveitarán ese día para render homenaxe a Miguel Fariñas.
Con todo, o primeiro partido da pretempada será esta tarde, a partir das 19:30 horas contra Academia Francesa IC360.
