EconomíaEconomíaÚltima hora

O XI SImposio de Enerxías Renovables céntrase na arquitectura con eficiencia enerxética

O simposio terá lugar este xoves, 15 de xuño, en Expourense e contará coa participación dos principais gurús de España e Suíza
Alberto de Paula, Ignacio de Juan, José Aldemira, Lucía Novelle e Emma González presentaron o Simposio.

Poñer en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios autosostibles que consomen unha enerxía próxima a cero. Este será o obxectivo principal do XI Simposio sobre Enerxías Renovables que se celebra en Expourense este xoves, 15 de xuño, e que reunirá aos principais expertos nesta materia en España e que contará tamén coa participación de dous relatores de Suíza. Esta xornada, que naceu hai once anos para divulgar o uso das enerxías renovables e a eficiencia enerxética, dá un paso máis especializándose no ámbito da arquitectura e da edificación partindo da base de que a enerxia máis limpa e a que non se consome.

Esta actividade está organizada por Expourense coa asesoría da empresa Investigación Geotérmica (INGEO) e conta coa colaboración de Gas Natural Galicia. Está dirixida a profesionais da edificación, dende arquitectos a aparelladores, enxeñeiros, construtores ou instaladores.

Este simposio foi presentado hoxe, 13 de xuño, nun acto no que participaron o presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense, Alberto de Paula; o representante do Colexio de Aparelladores, Ignacio de Juan; o vicedecano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, José Aldemira; a representante de INGEO, Lucía Novelle; e a directora adxunta de Expourense, Emma González. Todos eles destacaron a calidade e relevancia dos relatores e o interese das ponencias para os profesionais do sector.

Tal e como explicou a representante de INGEO, Lucía Novelle, “esta xornada é pioneira neste sector. Sempre se analiza o papel das instalacións que producen enerxía nos edificios pero esta vez imos analizar o papel que xoga o deseño dese edificio á hora de falar de eficiencia enerxética e para iso contamos coa participación dos principais gurús de España e de Suíza que teñen realizado proxectos por todo o Mundo”. Falarase pois de “arquitectura sostible”, un concepto que inclúe dende os materiais que se utilizan na edificación (de kilómetros cero, con materiais locais) ata o estudio pormenorizado do clima existente no lugaronde se vai construir o edificio.

O primeiro relator deste simposio será o Catedrático de Construción e Tecnoloxía Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, Javier Neila. Este simposio inclúe ademais a participación do arquitecto galego con maior proxección internacional, César Portela, Catedrático de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de A Coruña. Impartirá unha ponencia titulada “Retrospectiva, a madeira como protagonista”.

A xornada continuará coa intervención do delegado en Galicia de Gas Natural, Fernando Campos, que explicará as “Tecnoloxías que emprega Gas Natural O mellor socio para o desenvolvemento das enerxías renovables”. A continuación intervirá Óscar Martínez, o enexeñeiro consultor no que confían os mellores arquitectos do mundo e ao que lle piden asesoramento á hora de comezar unha obra en España. Falará sobre “a solución xeotérmica na integración arquitectónica de edificios emblemáticos”.

A sesión de tarde comezará coas ponencias dos representantes de Suiza que representan ao estudio Chiché Architecs, unha das principais referencias europeas no sector da eficiencia enerxética e autores do libro “Concepto enerxético na arquitectura”. Lionel Chiché e María Taboada serán os relatores que presentarán exemplos reais de edificios de “Consumo próximo a O” en Suíza.

O simposium continuará coa participación do arquitecto catalán Joan Lluis Casajuana, autor da rehabilitación arquitectónica e enerxética da Residencia Infantil Joan Riu que sirve de referencia para os profesionais do sector. Pola súa parte o enxeñeiro vasco Ricardo García San José, falará sobre os “Parámetros clave na eficiencia enerxética dos edificios, leccións aprendidas”.

A consultora cántabra de CITECAM iNUBO, Laura Sainz de la Mata falará sobre “Edificios conectados para a mellora da eficiencia enerxética” e presentará novos sistemas de monitorización e sensorización para controlar o consumo de enerxía no fogar o una empresa.

O último dos relatores deste simposio será Manuel García Álvarez, xerente de Magaral Ingeniería (A Coruña) que presentará o caso práctico da rehabilitación como eficiente do edificio Parque de Ourense (antigo Hotel Parque). Esta empresa é ademais a responsable da instalación dos sistemas de climatización do céspede e das gradas do estadio de fútbol Santiago Bernabeu en Madrid.

De xeito complementario, haberá un espazo expositivo para aquelas empresas que queren presentar os seus produtos relacionados coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

Ten un custo de 30 euros e inclúe o almorzo (50% de desconto para desempregados) e precisa de inscrición previa enviando un mail a expourense@expourense.org ou chamando ao teléfono 988 366 030. As ponencias impartiranse entre as 10:00 e as 19:00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button