EconomíaEconomíaÚltima hora

O XV Concurso “Cociña con Castaña de Galicia” xa ten ganadores

Os finalistas competían en directo na Aula de Cociña Porto-Muíños em Cambre

 

A final do XV Concurso “Cociña con Castaña de Galicia” celebrábase na tarde deste 24 de xullo na Aula de Cociña Porto-Muiños (Praza Casares Quiroga, 5, Cambre, A Coruña) a partir das 17:00 h. Ata esta fase chegaban un total de nove finalistas, tres por cada unha das categorías, que eran seleccionados entre afeccionados, estudantes de hostalaría, blogueiros, amantes da cociña.

Os pratos finalistas deste certame, que organiza a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, eran os seguintes:

Categoría de cociña salgada

1. Carla Matalobos Valdés – “Lubina, salsa ligera de Castaña de Galicia y pastel de patata y Castaña de Galicia”
2. Cristina Conde Rodríguez – “Salmorejo con Castaña de Galicia”
3. Sebastián Ibáñez Perdomo – “Hamburguesa de bonito con Castaña de Galicia”

 

 

Categoría de cociña doce

1. Veronika Viadelová – “Galleta de Castaña de Galicia con corazón de marron glacé”
2. Emilia Piedra Iglesias – “Tarta crujiente de Castaña de Galicia, chocolate y palomitas”
3. Esther Roca Fandiño – “Tronco de Castaña de Galicia”

Categoría de estudantes de cociña

1. Ana Belén Pérez – “Cocido thai con Castaña de Galicia”
2. Marcos Costa Fernández – “Tatin de sardiñas con Castaña de Galicia”
3. Andrea Senande Lema – “Tarta de queso y Castaña de Galicia, crumble de Castaña de Galicia y licor”.

 

 

Todos eles competían esta tarde en directo elaborando as súas receitas máis orixinais coa Castaña de Galicia como ingrediente principal. O seu traballo era valorado por un xurado profesional, que avalaba os pratos segundo a súa orixinalidade, sabor, presentación e técnicas empregadas. Este xurado estaba formado por Yamila Novo de “Pan y Canela”, ⁠Miguel Silvarredonda García, profesor do CIFP Paseo das Pontes, ⁠María Teresa Rico Expósito Blogguer de “Un momento dulce” e “un momento salado” e ganadora de “Castaña de Galicia”.

 

 

Os ganadores desta edición eran os seguintes:

– Categoría de cociña salgada: Carla Matalobos Valdés coa receita “Lubina, salsa ligera de Castaña de Galicia y pastel de patata y Castaña de Galicia”

 

 

– Categoría de cociña doce
: Emilia Piedra Iglesias – “Tarta crujiente de Castaña de Galicia, chocolate y palomitas”

 

 

– Categoría de estudantes de cociña: 
Andrea Senande Lema – “Tarta de queso y Castaña de Galicia, crumble de Castaña de Galicia y licor”.

 

 

Coa entrega dos galardóns finalizaba este evento.

Fotos: IXP Castaña de Galicia.

 

 

Back to top button