ConcellosParada de SilÚltima hora

Obradoiro de galletas de Nadal no Concello de Parada de Sil

 

Dentro das actividades inminentes que o Concello de Parada de Sil desenvolverá este nadal está un novidoso taller de galletas que se celebrará mañán venres día 22 no centro de lecer de nenos dende as 11 da maña ata ás 14 hs no que grandes e pequenos que o desexen van a aprender desfrutando dunha nova actividade organizada pola ANPA Noviños do Sil coa colaboración do concello

Tamén o día 24 ás 17,30h. no salón de plenos do Concello estará Papá Noel para saudar e dar agasallos aos cativos que se acheguen, polo que o alcalde Aquilino Domínguez anima a todos a asistir E, despois de atender a Papá Noel haberá un aperitivo para os asistentes. Esta actividade que se fai tamén conxuntamente coa ANPA a quen o alcalde agradece as súas iniciativas e colaboración

Estes días a veciñanza está a recibir a felicitación do alcalde e da Corporación a través dunha postal navideña, que este ano foi elaborada por un grupo de cativos en colaboración dun grupo de persoas maiores usuarias do Xeriátrico Luces do Sil, dentro das actividades de convivencia nas que se procura aproximar a dúas xeracións tan distintas. “Se unha aporta sabedoría e experiencia a outra aporta ledicia. Na postal aparecen reflexados os desexos das persoas que a elaboraron e que son os que nos gustarían a todos: alegría, paz, felicidade, respecto, ilusión ou familia, entre entre outros”, destacan dende o Concello de Parada de Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button