ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Obradoiro infantil dedicado aos dereitos do neno en Trives

Estaba promovido pola Biblioteca Municipal na tarde do 25 de novembro e contaba coa participación duns vinte rapaces

Unha vintena de cativos (nados entre o 2005 e o 2014) participaban no “Obradoiro de Outono polo Día dos Dereitos do Neno e da Nena” que se organizaba dende a Biblioteca Municipal de Trives o 25 de novembro con motivo da conmemoración desa data internacional.

Tratábase dunha xornada dedicada aos máis pequenos, “intentando dar visibilidade e promoción dos dereitos dos nenos e ao mesmo tempo concienciar ás persoas respecto destes, axudando a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta”, segundo se indica dende a biblioteca trivesa.

Os nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2014 que asistían tiñan que estar acompañados por unha persoa adulta. Os maiores implicábanse tamén deste xeito na actividade que resultaba sumamente positiva.

Fotos: Biblioteca Municipal de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button