Sen categorizar

Obradoiros de formación tecnolóxica “maker” na Aula CeMIT do Barco, en setembro

Aula Cemit do Barco./ Foto: A.R.

 

A Aula CeMit do Barco acollerá unha actividade formativa os días 2, 3 e 4 de setembro. Trátase de “Obradoiros de formación tecnolóxica “maker”. Son cursos, de balde, con 3 sesións formativas de 2.5 horas de duración os días 2, 3 e 4 de setembro de 9:30 a 12:00 horas que terán un carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos diferentes equipamentos tecnolóxicos , dirixidas á rapazada de entre aproximadamente 12 e 18 anos.

Durante as formacións poderán abordarse algunhas das seguintes temáticas:

As sesións orientaranse tanto á xeración de ideas e invencións como ao uso das tecnoloxías disruptivas presentes nas aulas CeMIT para implementalas (deseño e fabricación 3D, robótica educativa con MicroBit, programación de videoxogos, experimentos con condutividade electrónica e programación e drons)

As persoas interesadas poden anotarse a través do correo seguinte: cemit.obarco@xunta.gal, ou no seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51123

 

Back to top button