Ofrecer diferentes opcións lúdicas aos pequenos da zona nesta ponte de decembro. É a idea coa que, aproveitando o mercadiño navideño do pobo, levaranse a cabo uns obradoiros de temáticas navideñas dirixido a nenos de 3 a 12 anos. Haberá manualidades, música, baile, contacontos, pintacaras,…
Serán o sábado 7 e o domingo 8 de decembro na Casa da Cultura de Rubiá, en horario de 12 a 13 horas e estarán coordinados por dúas monitoras, Ana Lucía Real e Selene González, graduadas en Maxisterio e no Ciclo Superior de Educación Infantil con ampla experiencia laboral tanto neste ámbito coma no do ocio infantil, responsables tamén do Campamento Infantil de Nadal que se celebrará do 23 de decembro ao 3 de xaneiro.
“Queremos que a maxia do Nadal e a alegría se contaxie a todos os peques neste primeiro ano que se realizan tanto os talleres navideños coma o Campamento de Nadal”, di Selene, asegurando que esperan aos cativos con moitas ganas e ilusión”.