ConcellosParada de SilÚltima hora

Obras de mellora en varios núcleos de Parada de Sil

 

Despois de mellorar o acceso a Calvos, agora o Concello de Parada de Sil afronta o remate das obras de construción e beirarrúas en O Val. Estas dúas obras fanse en localidades chamadas de A Ribeira, pero tamén están a piques de empezar obras de mellora en Forcas, Escavadas e Requián aldeas de A Montaña, xa que dende o Concello preténdese “atender as necesidades de todos os pobos de xeito gradual”.

As dúas primeiras obras ten un importe de 87.043 euros e fináncianse entre A Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Paarda de Sil, “o que pon de manifesto unha vez máis que a colaboración entre as distintas administracións é o que fai posible mellorar o rural, neste caso”, din dende o Concello.

 

 

Tamén de maneira inmediata, xa que está axudicada a obra, o Concello de Parada de Sil mellorará a capa de rodadura da estrada municipal á Miranda e Forcas, tamén na montaña por importe de 34.511 euros. Remata o alcalde manifestando que en breve anunciará o investimento do Plan Marco 2024-2025.

Back to top button