SanidadeÚltima hora

Obras de mellora no Centro de Saúde de Quiroga

Unha das intervencións é a instalación de mamparas de separación para así evitar, na medida do posible, o contacto entre os traballadores sanitarios e os usuarios

Un dos momentos da visita ao Centro de Saúde de Quiroga./ Foto cedida.

 

Nestes días estanse a realizar, por parte do Sergas, varias obras de mellora nas instalacións do Centro de Saúde de Quiroga. O alcalde deste municipio lucense, Julio Álvarez, vén de visitalas xunto ao xefe de servizo de Infraestruturas da Área de Atención Primaria de Lugo, Fermín Janeiro, e ao coordinador do Centro de Saúde, o doutor Andrés González.

O Sergas, que xa realizou hai uns meses un porche para o acceso de urxencias, “vai desenvolver traballos que se centrarán na pavimentación do aparcamento polo que acceden as ambulancias e os traballadores, renovación de pintura exterior e varias reformas no alicatado de paredes e baños”, tal e como se adianta dende o Concello de Quiroga.

Outra das melloras que se tiveron en conta, logo do inicio da pandemia do coronavirus, foi a instalación de mamparas de separación para así evitar, na medida do posible, o contacto entre os traballadores sanitarios e os usuarios deste centro sanitario.

 

Percorrido polo interior do Centro de Saúde quirogués./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button