Dende hai varias semanas estanse a levar a cabo obras no campo de fútbol municipal As Carrelas para a substitución da herba natural por céspede artificial que, segundo o Concello “destaca polo seu baixo mantemento, aforro de auga e aparencia impecable todo o ano”, din, asegurando que a diferenza do campo de herba natural, “non require de sega nin abono, o que representa un aforro significativo de tempo e diñeiro a longo prazo”.
Ademais, o céspede artificial evita a aparición de barro e charcos grazas á súa alta capacidade de drenaxe, “unha gran vantaxe á hora de xogar en épocas de choiva”, destacan dende o Concello.
Neste campo xoga o CD Viana, cuxo equipo sénior vén de rematar a liga no 10º posto da Segunda Futgal cun total de 44 puntos en 34 xornadas (14 vitorias, 2 empates e 18 derrotas).
Fotos: Concello de Viana do Bolo.