OurenseÚltima hora

Observación do ceo e das estrelas na Serra do Larouco, o 29 de xuño

Foto: José Izquierdo.

 

Dentro do ciclo de actividades “Os Meses do Larouco”, o Club Parapente Baltar, en colaboración co Concello de Baltar e a plataforma Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova, terá lugar o sábado 29 de xuño, a partir das 22,00 horas, “ASTROLAROUCO 2024”, unha xornada de observación astronómica guiada por un experto, que ofrecerá as explicacións dos astros que dende o alto da Serra do Larouco poderanse observar tanto a simple vista como con telescopio.

Son prazas limitadas (30 persoas). As persoas interesadas en inscribirse poder enviar mail a club.parapente.baltar@gmail.com . Os menores terán que ir acompañados por un titor que tamén ten que inscribirse. O por prezo é de 10€ por persoa que deberán abonarse a un número de conta.

 

Back to top button