OciourenseXove16 concentra as actividades de peche na Praza das Mercedes
9 de Xuño de 2016
Será no marco dunha festa programada para o vindeiro sábado 11, de 16 a 22:30 horasUn momento da presentación das actividades de clausura de OciourenseXove16.
A Praza das Mercedes será o escenario elixido para a festa de clausura do programa OciourenseXove16, que se celebrará este sábado, día 11, a partires das 16h. O programa de actividades que levaron a cabo as Concellerías de Sanidade e de Xuventude con fondos do Plan de Prevención de Drogas do Ministerio de Sanidade contou coa participación de 1.400 mozos da cidade.
As actividades que servirán como colofón incluirán globoflexia, xadrez, parkour, escalada, cócteles sen alcohol, un concerto de DJ’s ou unha tirolina xigante. Foron presentadas esta mañá no consistorio ourensán. O horario para gozar de todo isto estenderase até as 22:30 horas e terá entrada gratuíta.
O programa é o que segue:
16 a 18h.- Exhibición de parkour.
16 a 19h.- Globoflexia.
17 a 18h.- Partidas rápidas de xadrez.
17 a 21h.- Rocódromo, tirolina e slackline.
18 a 19h.- Exhibición das modalidades de baile e flashmob.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.