CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Oito bandas participarán o 8 de abril no XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga

Entre elas estarán as da escola de gaitas de Quiroga, a do Concello do Bolo e Fuentes Nuevas de Ponferrada

 

A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación do XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga, que se celebrará o día 8 de abril no marco da Feira do Viño da localidade coa participación de oito bandas de Galicia e Ponferrada.

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, interviu no acto acompañado da concelleira de Servizos Sociais de Quiroga, María Dolores Sánchez Durán; o organizador da cita, Xosé Lois Foxo, e a gaiteira Laura Burgué.

Esta edición contará con tres bandas lucenses: a da escola de gaitas San Martiño de Quiroga, a municipal de Chantada e a do Concello de Monforte de Lemos; ademais das bandas do Concello do Bolo, Fuentes Nuevas de Ponferrada, a ourensá Ladies Band, Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense.

Tamén actuarán destacados artistas do mundo da gaita como o asturiano El Pravianu e os galegos Nadia Vázquez -Musette Barroca -e David Bellas -gaita medieval -; que intervirán tamén como xuíces instrutores-; ademais do músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa. O certame deste ano, subtitulado Memorial Muíño, lembra a figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.

A Xunta de Galicia apoia esta cita, que segundo apuntou Arias “ofrece unha perfecta combinación de cultura, música galega, tradición e artesanía baixo o denominador común da gaita”.

Artigos relacionados

Back to top button