DeportesÚltima hora

Os atletas do Adas Cupa brillan na 3ª xornada do Circuíto Galego de Marcha

Lograban ata tres podios, da man de Mateo Valcarce, Paula Cela e Daniel Bermúdez nesta cita, celebrada en Vigo

 

A terceira xornada do Circuíto Galego de Marcha en pista celebrábase na pasada fin de semana nas pistas de Balaídos cunha notable presenza de atletas do Club Adas Cupa do Barco, que demostraban, unha vez máis o seu talento deportivo colleitando excelentes resultados.

Así o Club Adas Cupa sumaba ata catro podios en diferentes categorías. Sobresaían as vitorias de Mateo Valcarce nos 3.000 m marcha masculinos, cunha marca de 14:02.18, e de Paula Cela nos 3000 marcha femininos, que lograba un rexistro de 16:19.51. Outro primeiro posto viña da man de Daniel Bermúdez nos 1.000 marcha masculinos (6:47.95).

Ademais conseguían un terceiro posto Dylan Castillo nos 2.000 marcha Sub12 (11:49.37) e Inés Cela nos 1.000 marcha femininos, cun tempo de 7:37.45, que ademais era marca mínima persoal.

Así mesmo, cabe destacar o cuarto posto de Antía Guntiñas nos 2.000 m marcha Sub12 e o quinto de Irina Sánchez nos 2.000 m marcha Sub14.

Fotos cedidas.

Back to top button