Ao abeiro do programa “FalaRedes” de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia tense realizado unha actividade agrupada Os Bolechas no Macizo Central. Así, onte tiña lugar unha xornada no multiusos de Celeiros (Chandrexa de Queixa), onde Carlos, Braulio, Sonia, as xemelgas Pili e Loli e o pequeño Tatá xogaron e bailaron coas nenas e nenos de Manzaneda e Chandrexa de Queixa.
A cativada de Manzaneda desprazábase nun microbús e, no decurso da viaxe, para divertirse xa ía afinando cancións participativas de actividades grupais infantís.
Xogar en inchables e unha merenda, así como chocolatada, completaban esta xornada de convivenza da rapaza de Chandrexa de Queixa e Manzaneda, na que dende ambos concellos suliñan que repetirán este tipo de actividades agrupadas, como medio de programación cultural en áreas de montaña.
Fotos cedidas.