Ás 14:30 horas deste 26 de novembro, un particular alertaba ao 112 Galicia da presenza dun corpo no río, preto da rúa Arousa, en Monforte de Lemos, indicando que eran necesarios medios de rescate para acceder ata el.
“Desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional, dos Bombeiros e da Policía Local de Monforte de Lemos. Así mesmo, informouse á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade”, tal e como informa o 112 Galicia.
Unha vez no lugar, os bombeiros realizaron o rescate do corpo do home, e o seu falecemento foi confirmado polos equipos sanitarios. As forzas da orde investigan os feitos, segundo indica o 112 Galicia.