
Ao ritmo de cantos de taberna polos diferentes establecementos de hostalaría de Trives comezará na tarde deste venres 9 de agosto a XI Mostra do Patrimonio Inmaterial-Entroido de Verán, que promove un ano máis a a Asociación Cultural A Caniceira na fin de semana do 9 ao 11 de agosto.
Un total de sete grupos de diferentes partes do oriente ourensán participarán nesta edición: As Macizas Centrais (Trives), San Nordés (Trives), Pascuis (Trives), Son do Bibei (O Barco-Trives), Os Trabazos (Castro Caldelas), Os Singuinarios (Manzaneda) e Os Parrandas (Valdeorras).

Ás sete e media da tarde reuníranse na Praza do Pilón e dende aí iniciarán un animado percorrido musical por unha ducia de locais triveses: Troula, Casanova, Quintela, Paíño, Boliche, A Cantina do 4, Manolo’s, O Bodegón, Sky, San Martín e O Cafeto. De seguro encheranse de xente, bo humor e de moita música nun ambiente festivo que continuará ata a madrugada tanto dentro dos locais como nas súas terrazas.
A XI Mostra do Patrimonio Inmaterial continuará na fin de semana cun multitude de interesnates e variadas propostas para todas as idades.