ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Os cantos de taberna toman a vila de Trives

Publicidade

 

Un total de 9 grupos participaban o sábado 26 de novembro nos 15º Cantos de Taberna da Pobra de Trives. O percorrido destas formacións comezaba ás 19h. e incluía un total de dez establecementos de hostalaría: Sky, Bodegón, Manolo´s, Boliche, A Cantina do Catro, Paíño, Quintela, Panadería María, Cafeto e San Martín.

 

 

Os grupos participantes eran Abertal (A Rúa), Sómosche d’herbas (Trives), Rondalla Esmorga (Trives), Os Catrofobias (Manzaneda), O Recanto (Quiroga), As Macizas Centrais (Trives), San Nordés (Trives), A Papuxa (Vigo) e Os Trabazos (Castro Caldelas), segundo a organización en mans da Caniceira.

Vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button