EconomíaEconomíaÚltima hora

Os concellos de Trives e Manzaneda, representados no consello de administración de Meisa

A Deputación e a Xunta cederon un representante cada un para que estas localidades tiveran presenza na empresa
Reunión Meisa.

A Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda acolleu hoxe, 30 de novembro, varias xuntanzas celebradas do Consello de Administración e da Xunta Xeral de Accionistas de Meisa (Manzaneda Estación de Inverno S.A.). Nestas xuntanzas tratouse o nomeamento de novos conselleiros, quedando configurado o novo Consello de Administración con catro representantes por parte da Xunta de Galicia (Axencia de Turismo de Galicia) e catro da Deputación de Ourense, determinando que a Xunta cede un dos seus representantes ao concello da Pobra de Trives, e a Deputación un dos seus ao Concello de Manzaneda.

Desta maneira, Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia, foi elixida novamente presidenta do Consello de Administración, e por parte da Xunta incorpórase María Elena Barca Ramos, xerente da Axencia de Turismo de Galicia, e continúa Manuel Vidal, da Consellería de Facenda. Por parte da Deputación de Ourense continúan o seu presidente, Manuel Baltar, e a interventora xeral, Mónica Legaspi, e incorpórase Pablo Pérez, deputado provincial de Cooperación. Asemade, prodúcese a substitución na Secretaría do Consello de Administración, que nesta nova etapa estará ao cargo da técnico-xurídica da Deputación María Ángeles Cantón Álvarez.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, salientou a importancia de seguir traballando aínda máis entre as administracións local, provincial e autonómica “na liña de potenciar aínda máis esta infraestrutura de turismo e ocio, tanto na tempada de inverno como no resto do ano”.

 

Back to top button