Novamente cunha festa, símbolo da unión dos tres concellos que integran o Xeoparque Montañas do Courel (Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel) concluía na tardiña do 20 de xuño a viaxe dos avaliadores que a Unesco enviou para facer os informes que revalidarán a distinción deste xeoparque mundial. A festa tiña lugar na praia fluvial de San Clodio.
A celebración, que tiña como anfitrións a Catherine Posthumus (Holanda) e Mikko kiuttu (Finlandia), estaba presidida polos alcaldes de Quiroga e Ribas de Sil, José Luis Rivera e Miguel Sotuela, respectivamente, e a Tenente de Alcalde, Carmen Vergara .Tamén acudían o acto a deputada provincial Raquel Arias e o presidente do GDR Ribeira Sacra, José Manuel Arias.
Numerosos veciños dos tres concellos acudiron a este evento no que actuaban o grupo local “O Recanto” e tamén se facía unha demostración de baile tradicional. Ao remate do acto todos os asistentes puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais.
Fotos: Concello de Quiroga.