A RúaConcellosÚltima hora

Os concertos de verán na Rúa arrancan na Estación coa ópera rock “O Camiño do Amor”

 

Na noite do venres 3 de xullo, en plena onda de calor extrema, comezaban os concertos de verán na Rúa. Facíano na Estación de Autobuses, pasadas as 22 horas coa Ópera Rock “O Camiño do Amor” gran espectáculo musical do programa Concertos do Xacobeo, no que os asistentes poideron descubrir que “non é só un camiño, é unha historia que latexa no corazón”.

 

 

 

A actuación, entre a historia e a nostalxia, combina á perfección a extraordinaria música en directo do grupo Claxxon acompañado pola voz de Rosa do Mar e o saxofón, coa imaxinación plasmada en audiovisual do productor Carlos Alleres. Unha combinación máxica, coas letras dos grandes clásicos do rock e o amor como protagonistas, incluíndo unha coidada montaxe audiovisual por algunhas das paraxes máis representativas do Camiño da costa galega, que os presentes agradeceron agradecieron con aplausos.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button