CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Os “Contos da vida e da morte” de Estefânia Surreira encetan o “De Perto”, no Barco

 

A vida e a morte camiñan da man. A morte dá vida e a vida dá morte. E por ese vínculo indisoluble, ás veces espantoso, pero tamén abraiante; transitan as historias de Estefânia Subreira. Esta narradora oral, natural de Montalegre (Portugal), abría na tarde deste 1 de xullo con eses “Contos da vida e da morte”, salpicados de melodías e cantos, a 13ª edición do ciclo “De Perto, a palabra contada, cantada e rimada” nos Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco).

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, presentaba como unha contadora “polifacética”, que aprendeu a narrar “escoitando” e que, ademais “é cantante lírica”.

 

 

A partir de aí, Surreira subíase ao escenario para confesar que vir a  Galicia e escoitar o galego lembráballe os seus avós, que eran contrabandistas durante a ditatura, e para, deseguido, mergullar ao público, nun portugués no se expresaba “de vagariño”, en tres fascinantes historias, procedentes de tres lugares do mundo ben diferentes, pero conectadas pola súa universidade.

 

 

Comezaba cunha historia de tradición mexicana, da Loba, continuaba coa da “muller esqueleto” de Alaska e concluía coa do conto tradicional portugués da meniña dos cabelos dourados, atrapada debaixo dunha figueira. Relatos marcados pola traxedia, a tristura, pero tamén cargados de esperanza e, con ela precisamente se quedaba a narradora, entre aplausos, e xusto antes de rematar cunha engaiolante canción.

E iso porque “as historias tamén nos curan, son sanadoras mesmo para quen conta”.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

Back to top button