PolíticaÚltima hora

Os deputados do PP de Ourense piden “ao Goberno e a RENFE que non supriman a primeira parada matinal en A Gudiña-Porta de Galicia”

Cedida.

 

Os deputados populares ourensáns Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, cualifican de “moi inxusto o reaxuste anunciado por RENFE: o primeiro tren con parada na Gudiña chegará a Madrid ás 14:08, cando agora faio ás 10:34, limitando así calquera posibilidade de traballo ou de xestións matinais na capital”.

Neste senso presentaba hoxe unha pregunta no Congreso. No texto da iniciativa indicaban que “na actualidade hai cinco trens que saen de Madrid e pairan na Gudiña. Son os das 6:15; 13:15; 17:08; 18:25; e 19:17. A partir do 9 de xuño só sairán tres trens de Madrid con parada na Gudiña: un AVLO ás 8:25; un Alvia ás 13:20; e un AVLO ás 18:06. Pérdense dous servizos. Sinalar que a estación “Porta de Galicia” non só atende a demanda dos veciños desta localidade, dos habitantes das comarcas de Monterrei, Viana e Valdeorras e da área do distrito de Tras-ps-Montes- próxima a Chaves e o de Vila Real. Tamén é moi utilizada por peregrinos da Vía da Prata que chegan aquí e inician nesa localidade o camiño xacobeo. Destacar tamén que o número de usuarios desta estación non parou de crecer desde a súa inauguración en decembro de 2021, pois xa foron 107.400 viaxeiros os que subiron ou baixaron nesta terminal, deles 38.600 no pasado ano 2024. Os usuarios desta estación séntense moi prexudicados por estes horarios e é por iso polo que demandamos no seu nome unha pronta rectificación”.

Así os deputados ourensáns preguntan o seguinte:

“Rectificará o Goberno e RENFE a decisión de suprimir no corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid, a partir do 9 de xuño tres servizos ferroviarios que tiñan parada na estación “A Gudiña-Porta de Galicia”?”

“Rectificará o Goberno e RENFE a inxusta decisión de que o primeiro tren matinal de alta velocidade con parada na Gudiña chegue a Madrid, a partir do 9 de xuño, ás 14:08, cando ata esa data chegaba ás 10:34?”

 

Back to top button