Os deputados do Grupo Parlamentario do Partido Popular visitaron Ribadavia no día hoxe, 22 de xullo. Foron convidados polo seu alcalde e ex deputado do mesmo grupo, César Fernández Gil. A visita dos deputados do Parlamento Galego, comezou cunha reunión de traballo no Centro Comarcal de Ribadavia, á que lle seguiu un percorrido polo casco histórico deste concello. Así, unha visita ao recén inaugurado Museo do Viño, clausurou este encontro.
O portavoz do grupo, Pedro Puy, asegurou que a futura lei de mobilidade de terras facilitará a posta en produción de terro abandonado, “beneficiando moi directamente á denominación de orixe Ribeiro, xa que existe unha gran cantidade de terreo sen producir e permitiría un incremento importante da produción de uva sen ampliar os límites actuais da denominación de orixe”.