
A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques galegos, estará presente por segundo ano consecutivo na Feira Internacional deTurismo-FITUR 2025, edición 45ª que se celebrará do 22 ao 26 de xaneiro, cun stand no que a singularidade destes territorios e a espectacularidade das súas paisaxes se unen para amosar unha oferta turística innovadora.
O stand dos Xeoparques no Pavillón 7 a.19 de Ifema contará cun espazo de 40 m2, no que se inclúen tres mostradores nos que se distribuirá información sobre os territorios que constitúen a REXM e tamén Xeoparques portugueses e latinoamericanos, así como información xeral sobre os Xeoparques Mundiais. O espazo contará cunha pantalla de gran formato,un photocall e un punto de encontro para profesionais do sector turístico, tanto do ámbito público como privado.
Este despregue será posible grazas á colaboración da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). A cita para a apertura oficial do stand é o vindeiro mércores 22 de xaneiro ás 14:00. No evento participarán Santiago Sierra, presidente do Comité Nacional Español de Xeoparques; Emmaline Rosado, coordinadora da Rede de Xeoparques de América Latina e o Caribe (GeoLAC); Artur Sá,representante do comité executivo da Rede Mundial de Xeoparques (GGN); e Karmah Salman,coordinadora da Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM).
Asistirán as delegacións formadas por representantes políticos, técnicos e empresas do sector turístico dos 17 Xeoparques españois, amais dun Xeoparque aspirante.
No stand de Fitur 2025 os Xeoparques realizarán presentacións dos seus destinos e produtos turísticos e amosarán as últimas novidades para que o público poida coñecer e explorar enfondura estes territorios, cada vez máis atractivos e accesibles.
Tamén se presentará a 11ª Conferencia Internacional de Xeoparques Mundiais UNESCO que se celebrará en setembro de 2025 no Geoparque Kütralkura de Chile. Á feira non faltarán os dous Xeoparques galegos, Cabo Ortegal e Montañas do Courel, que farán as súas presentacións o xoves 23 e o venres 24, respectivamente.
Nelas amosarán os seus recursos máis atractivos para un turismo de perfil alternativo, afastado da masificación e respectuoso co medio, en liña coa filosofía coa que a UNESCO creou a figura dos Xeoparques Mundiais.
Ambas delegacións aproveitarán o evento para ter unha reunión na que partillarán experiencias e inquedanzas e tentarán establecer liñas de actuación en común de cara ao futuro. Desde ambos territorios, un situado na montaña lucense e o outro na costa norte coruñesa,enténdese que polo seu carácter complementario afondar na cooperación permitirá aproveitarmellor un gran potencial non só turístico, senón tamén para a educación e divulgación científicae ambiental.
Os dous primeiros días de feira (22 e 23 de xaneiro) a mediodía haberá unha degustación de produtos locais dos Xeoparques ibéricos, con produtos de calidade como queixos, embutidos ou viños. Outra das actividades destacadas será o sorteo dunha experiencia turística para dúas persoas nun dos destinos da REXM, que inclúe dúas noites de aloxamento, unha actividade eunha degustación.
O concurso estará aberto a todas e todos os visitantes do stand durante os días 25e 26 de xaneiro. Este ano fanse 10 años desde que a Asemblea Xeral da UNESCO ratificara a creación dosXeoparques Mundiais da UNESCO. Igual que na pasada edición, a REXM convidou aosxeoparques de América Latina a participar neste evento de referencia mundial que se converteu, na súa longa xeira, nun punto de encontro global clave para os profesionais do sector turístico.
Os tres primeiros días a feira abre as súas portas exclusivamente a visitantes profesionais e durante a fin de semana tamén ao público xeral. Nesta edición de Fitur, os Xeoparques tamén estarán presentes de forma dixital ao través das súas redes sociais, para poder seguir todo o que aconteceno stand ao través do portelo #geoparquesfitur25.