OurenseÚltima hora

Os encoros galegos da Confederación Miño-Sil están ao 67,83% da súa capacidade

 

Neste ano hidrolóxico 2020/21 (que se iniciaba o 1 de outubro de 2020) a precipitación acumulada media na parte galega da Demarcación Miño-Sil a día 6 de xuño de 2021 foi de 1.041,2 l/ m2, un 4 % por encima da media histórica, sendo dita media histórica entre 1980/81 e 2011/12 de 1.001,9 l/ m2, tale como se informa dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS). No ano hidrolóxico anterior, 2019/20, a esta altura do ano a precipitación rexistrada era de 1.180,5 l/ m2, un 18 % por encima da media histórica e un 13 % por encima da do ano 2020/21.

Na última semana rexistráronse 2,7 l/ m2., mensualmente pode destacarse os meses de novembro e marzo como secos e os meses de decembro, xaneiro e febreiro como húmidos.

Os encoros galegos da Demarcación atópanse ao 67,83 % da súa capacidade máxima, un 1,35% menos que a semana anterior. Este volume é un 17,31 % menor que a cantidade de auga embalsada hai un ano, 85,14 %.

No relativo aos caudais circulantes, segundo os datos recibidos nas estacións de control que chegan ao Centro de Control de Conca ( CECU) da CHMS, atópanse un 5,1 % por baixo da media histórica.

“Desde a CHMS queremos lembrar que os recursos naturais son limitados e que todos deberiamos de asumir a responsabilidade individual de conservación dos mesmos, fomentando actitudes respectuosas co medio ambiente e co consumo de auga para evitar, no país dos mil ríos, períodos de seca estival”, matizaba José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

Artigos relacionados

Back to top button