Despois das nevaradas caídas nesta madrugada do 16 abril, co obxectivo de facilitar a circulación dos vehículos, dende as primeiras horas da mañá os equipos da Viabilidade Invernal da Deputación Provincial de Ourense están a retirar neve en varios puntos da rede viaria provincial, con máis intensidade na zona de alta montaña de Pobra de Trives, Manzaneda e Montederramo
Máis información sobre a actuación da flota de Viabilidade Invernal da Deputación Provincial de Ourense na seguinte ligazón: https://flotas.depourense.es/public/map