ConcellosQuirogaÚltima hora

Os establecementos turísticos, as adegas e almazaras de Quiroga, no Google My Maps

 

Co ánimo de promocionar as empresas locais no sector turístico, as áreas de Turismo e Cultura do Concello de Quiroga sacan adiante varios mapas dixitais a través da plataforma Google My Maps. Unha vía máis para facilitarlle a achega de información turística aos visitantes da nosa comarca e tamén a propia veciñanza.

Nos mapas pódense encontrar os diferentes tipos de aloxamentos que están repartidos polas distintas zonas do concello, dende o Conceado ata a Serra do Courel. A este súmaselle un mapa sobre as diferentes empresas no sector agrícola que traballan cos catro tesouros quirogueses: o viño da Ribeira Sacra, o aceite da Mansa e Brava, o mel e a castaña.

A través dos enlaces que tamén se atopan na páxina web do concellodequiroga pódese entrar directamente no mapa que recolle todos os aloxamentos turísticos, casas de turismo rural, albergues, hoteis, hostais e refuxios de montaña que se atopan no municipio de Quiroga.
https://www.google.com/maps/d/u/1/edit?hl=es&mid=1ntJB2J3xXCvo1YwyONK_X4tJl8FVdIU&ll=42.48392538682839%2C-7.272254317933471&z=15

O mapa das adegas e almazaras axuda a localizar todas as empresas locais que se dedican ao sector vitivinícola, olivareiro, produción de castañas e recolección de mel. A través deste enlace pódese entrar directamente nesta información:
https://www.google.com/maps/d/u/1/edit?hl=es&mid=1YCRd9bSTObqgWdMm0KWrvKI2Lr-t9-M&ll=42.485041559945074%2C-7.271962360815429&z=14

A través desta plataforma tamén se pode acceder aos mapas de varias rutas de Quiroga: a ruta das Fervenzas, a ruta Quiroga no Ar e a ruta Quiroga Literaria. Ademais no referente ao turismo, o Concello de Quiroga xa conta coa baldosa que contén o código  QR que leva á aplicación Aldealista na que está incluído o municipio. O creador da aplicación, o economista e empresario Juan Carlos Pérez Rodríguez, achegouse onte ata Quiroga para facerlle entrega deste QR ao alcalde José Luis Rivera.

Esta aplicación ten como obxectivo dar visibilidade aos recursos e atractivos turísticos dos municipios de menos de 5.000 habitantes, axudando a coñecer estes lugares e loitar contra o despoboamento.
A través destes códigos, os visitantes poden acceder a moitas informacións sobre as aldeas de cada municipio, como as casas dispoñibles para vender ou alugar, os atractivos paisaxísticos e culturais, os servizos turísticos, as festas, a gastronomía…. A aplicación utiliza un algoritmo que lle recomenda aos usuarios os lugares máis acordes cos seus gustos persoais.

Artigos relacionados

Back to top button