ConcellosGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Os folións triveses din adeus ao Entroido

Participaban no enterro da sardiña e na queima dos Lardeiros, organizada desta volta por A Caniceira

Sardiñas e empanada. A cea precedía ao enterro da sardiña en Trives. Nela participaban os membros dos catro folións da vila: Os Labregos, A Lardeira, As Maceiras e A Caniceira. De seguido, comezaba unha procesión pola vila coa sardiña e cunha longa lamprea, á que se unían de seguido o Lardeiro e a Lardeira.

Despois, tiña lugar a queima de todos eles, simbolizando o adeus á festa por este ano. Nesta ocasión, este acto foi organizado polo Folión A Caniceira.

Fotos: A Caniceira

Artigos relacionados

Back to top button