
Segue activo o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, que se iniciaba ás 00:17h. de 17 de setembro, que afecta unha superficie provisional de en torno a 90 hectáreas, segundo os datos da Consellería do Medio Rural.
Polo momento, para a súa extinción mobilizáronse 9 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 4 técnicos, 8 helicópteros e 8 avións. Ademais, na súa extinción están a colaborar medios terrestres procedentes de Portugal.
Estabilizado A Gudiña-Pentes
Continúa estabilizado, dende as 00.13 horas de hoxe martes, o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 200 hectáreas e evoluciona favorablemente. Para a extinción deste lume mobilizáronse ata o de agora 15 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 2 técnicos, 10 helicópteros e 8 avións.
Extinguido Laza-Trez
Ás 20.43 horas quedou extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Laza, parroquia de Trez, que se iniciou ás 19.22 horas do domingo. Finalmente, afectou unha superficie de 68 hectáreas, das cales 50 correspóndense con monte raso e 18 con arborado. Na súa extinción traballaron 17 axentes, 33 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 2 técnicos, 8 helicópteros e 4 avións.