DeportesKárateÚltima hora

Os karatekas do River Stone do Barco participan no curso de cata para competición de Pepe Carbonell

 

Competir pero sobre todo aprender e superarse día a día. É unha máxima que teñen moi en conta no KC River Stone do Barco de Valdeorras que se segue apostando pola base, levando aos seus karatekas a canta actividade xurda.

Na xornada deste sábado 18 de outubro os mozos e mozas do club participaban no curso de kata de Pepe Carbonell celebrado no Pavillón Municipal dos Tilos en Teo (A Coruña) para niveis básico e avanzado, en sesión de mañá e tarde.

Na sesión de mañá desenvolveron formas de traballo para a mellora dos principais conceptos fisico-técnicos da kata de competición: posicións, transicións, técnicas, kime, equilibrio, velocidade, respiración correcta, timing e sincronización. E xa na sesión de tarde, centráronse na estratexia de elección de katas nunha competición; técnicas de activación psicolóxica previas ás competición; e Kata Gojushiho Sho e aproximación ao seu bunkai.

Nado en Valencia en 1991, Pepe Carbonell é membro do equipo nacional absoluto e campión do Mundo e de Europa en katas por equipos e defende uns valores de esforzo, respecto, sacrificio e superación que o levaron ata onde está hoxe e que transmite ás novas xeracións.

Back to top button