
Allariz convoca un concurso de maios para o próximo venres 28 de abril. Segundo as bases proporcionadas polo Concello, os Maios poden inscribirse como grupo (mínimo 8 persoas) e o prazo para a inscrición remata o 36 de abril. Para formalizar a participación, é necesario cubrir un impreso na Casa da Cultura.
En canto aos premios, haberá dúas categorías: enxebres e artísticos e en ambas as dúas os premios estarán dotados coas mesmas cantidades. O gañador recibirá 50 euros; o segundo premio está dotando con 35 euros e o terceiro con 30.
O xurado que designará os gañadores será designado pola Concellería de Cultura. En canto á construción, dende o Concello establecen que os maios deberán estar construídos cos materias tradicionais: madeira, arpilleira ou tea de saco, cravos, arame, brión, bugallos, xestas ou flores. Para fixar o brión á arpilleira, coserase con agulla e fío, segundo marca a tradición. Asemade, establecen as bases que os maios non poderán levar rodas e teñen que ser transportados en andas por varias persoas.
A pesar de non gañares o concurso, os maios “cun mínimo de calidade”, establecen dende o consistorio, recibiran un diploma de participación e unha subvención de 40 euros.



