OurenseÚltima hora

A saída de vía dun tráiler obriga a cortar a circulación na A-52 en Allariz

 

Foto cedida.

 

Nesta madrugada a mancha de combustible na estrada trala saída de vía dun tráiler, obrigaba cortar a circulación da A-52, en sentido Vigo, ao seu paso polo concello de Allariz.

Tal como explican dende o 112 Galicia os feitos tiña lugar no quilómetro 206 da A-52, na parroquia de Requeixo de Valverde. “O condutor do tráiler alertou no momento do accidente, que ocorreu dez minutos antes das 4:30 horas e, durante a comunicación, sinalou que ninguén resultara ferido e que o vehículo obstaculizaba parcialmente a circulación tras colidir contra a medianeira”.

Con todo, cando os operarios de mantemento chegaron ao lugar comprobaron que o depósito do camión estaba afectado e que derramara todo o combustible sobre o asfalto. Pouco despois uniríanse os Bombeiros de Xinzo, que traballan na limpeza da mancha.

 

Artigos relacionados

Back to top button