A Pobra de Trives e San Xoan de Río ao longo de tres días os escenarios dun congreso no que se abordarán as claves para manter vivas as localidades de montaña. A iniciativa, organizada pola Asociación Española de Municipios de Montaña co apoio da Deputación de Ourense, desenvolverase dende mañá, 19 de setembro, ata o sábado 21 de setembro e reunirá a expertos da realidade e das necesidades destes territorios para debater sobre temas cruciais como a lexislación, políticas contra a despoboación, futuro e igualdade ou servizos e innovación, entre outras cuestións.
Representantes de máis dunha vintena de municipios de 11 Comunidades Autónomas xa confirmaron a súa asistencia a Trives e San Xoán de Río, que comparten o título de Capital Española das Montañas 2024 con Manzaneda e Chandrexa de Queixa. Estes catro concellos convértense este ano no altofalante dos municipios de montaña de Galicia e demostran así o seu compromiso coa loita contra a despoboación do rural e o progreso social e económico.
A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, avanzou que este congreso “será moito máis que unhas xornadas e servirán para reclamar unha lexislación con discriminación positiva para a zonas do rural máis abandonadas e para apostar polo desenvolvemento rural intelixente e os distintos retos de comunicación”.
O rexedor de San Xoán de Río, José Miguel Pérez Blecua, explicou que “con este congreso no que levamos traballando todo o ano intentaremos sacar adiante iniciativas reais para dar solucións aos concellos que sofren a despoboación e a carencia de servizos”.
A primeira xornada do congreso será mañá xoves 19 de setembro e está previsto que ás 12h. comece a mesa que leva por título Lexislación e territorio e na que debaterán Marcel Iglesias Cuartero, deputado das Cortes de Aragón, expresidente da Asociación Española de Municipios de Montaña e ex alcalde de Bonansa; Jaime Izquierdo Vallina, ex comisionado de Reto Demográfico de Asturias e José Manuel Hernando García, senador por Soria. Moderará Cristina Paz Elías, concelleira de Trives.
O programa da primeira xornada concluirá ás 17.00 horas cun debate sobre futuro e igualdade de oportunidades no rural e contarase nesta mesa coa participación de Verónica Marcos Arrojo, presidenta de FADEMUR Galicia; Nicole Grueira Fernández, deputada en el Parlamento de Galicia; Carlota Díez Rico, coordinadora de proxectos del Consello COLEF e Susana Lanaspa Benítez, membro de Jóvenes Dinamizadores Rurales. A mesa será moderada por Rodrigo Calvo Pinilla, alcalde de Orea (Guadalajara).
O venres 20 de setembro celebraranse dúas mesas e a primeira, prevista para as 9.30 horas, porá o foco nos servizos esenciais para vivir no rural. Debaterán Sixto Marín Gavín, arquitecto e profesor de UNIZAR; Miguel Ángel Luengo Becerro, alcalde de La Alberca (Salamanca) e José Polo García, presidente de Semergen. A moderadora será Iolanda Ferran Closa, alcaldesa de El Pont de Suert (Lleida).
Tamén se falará, a partir das 10.45 horas, das políticas europeas con perspectiva de despoboación, nun encontro que contará coa presenza de Francisco Velasco Caballero, catedrático de Dereito Administrativo na UAM; Luis Antonio Sáez Pérez, profesor de Política Económica de UNIZAR; Estela Guitiérrez Rodríguez, directora de gabinete do secretario xeral para para Reto Demográfico e Adrián Vázquez Lázara, eurodeputado de Galicia. A moderadora será María Dolores Amo Párraga, alcaldesa de Montoro (Guadalajara).
A innovación é clave para o desenvolvemento dos pobos de montaña e sobre este tema falarán, nunha mesa prevista para as 16.30 horas, Francés Boya Alòs, secretario xeral para o reto demográfico de MITECO e Mar Díaz-Varela Arrese, responsable de Relacións Institucionais e Comunicación de Hispasat, moderados polo xornalista e sociólogo Manuel Campo Vidal.
O sábado 21 de setembro a partir das 9.30 horas serán expertos no programa Leader como Javier Esparcia Pérez, doutor en Xeografía e Socioloxía da Universidade de Valencia; Mari Luz Hernández Navarro, profesora de Ánálise Xeográfico Rexional na Universidade de Zaragoza e Belarmino Fernández Fervienza, alcalde de Somiedo, os que falen sobre as axudas do citado programa para os pobos de montaña.
Seguidamente, as xornadas trasladaranse a San Xoán de Río, onde os participantes poderán coñecer actuacións que se levaron a cabo no concello a través de axudas europeas e procederase á clausura.