OurenseÚltima hora

Os nenos da ludoteca de Verín coñecen o traballo da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais de Laza

 

Un grupo de 60 nenas e nenos da ludoteca de Verín, con idades entre 3 e 5 anos, realizaban o pasado venres unha interesante viaxe ata Laza para coñecer o labor que desenvove a BRIF (Brigada de Reforzo en Incendios Forestais). Durante esta visita, “os nosos pequenos aventureiros tiveron a oportunidade de explorar a base da BRIF e descubrir en primeira persoa as ferramentas que utilizan, os seus usos e os protocolos que seguen para protexer os nosos bosques”, indican dende o Concello de Verín.

 

 

Ademais os cativo montaban nos helicópteros, facían fotos, participaban nun simulacro dirixido polos pilotos e nunha charla interactiva coa brigada de bombeiros. E, para poñer o punto final a un día tan especial, desfrutaron de divertidos xogos divertidos no parque. Dende o Concello de Verín amósase o seu agradecemento “á BRIF por abrirnos as súas portas e compartir con nós un día cheo de aprendizaxe e emoción. O voso traballo é fundamental para manter os nosos bosques a salvo e queremos expresar o noso máis profundo agradecemento”.

 

 

Por outro lado, mañá martes 22 de agosto, un total de noventa rapaces e rapazas do campamento urbano viaxarán A Veiga. Unha vez alí, farán unha pequena ruta de sendeirismo nun pequeno rincón chamado “A Cántara da Moura”, coñecido tanto pola súa natureza como polas súas lendas. Posteriormente visitarán a Casa das Pedriñas unha edificación recuberta de elementos tan singulares como pequenas pedriñas de cores, trozos de vidro, conchas ou botellas.

Xa pola tarde, desprazaranse a Praia de Coiñedo para darse un baño e facer xogos, rematando o día cunha visita ao Planetario “As estrelas ao alcance da man”, na que viaxaran no tempo e no espazo, observando e describindo os ceos estrelados, aprender a recoñecer, de maneira intuitiva e sinxela os movementos terrestres e do restos dos obxectos do Sistema Solar así como as súas implicacións. Adquirirán unha comprensión máis profunda das estacións, as fases lunares, os eclipses e outros fenómenos astronómicos naturais.

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán e do Campamento Urbano, destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, ludoteca; e os 11 a 15 campamento urbano. Ambas actividades son organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil pertencente a área de Benestar Social do Concello de Verín.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button