Participaban o 1 de agosto nunha actividade realizada polo Grupo de Radioficionados de Trives
Aprendizaxe a través do xogo da importancia das comunicacións e do seu uso. Os nenos de DiverTrives descrubrían na mañá do 1 de agosto o mundo dos métodos de comunicación de emerxencia da man do “Grupo de Radioaficionados de Trives”.
E facíano a través dunha proposta lúdica moi especial: a II Cacería do Zorro. “Era un xeito divertido de coñecer o mundo dos radioafeccionados, a través dunha xinkana na que debían atopar un “zorro” pola vila utilizando como medio de comunicación os walkie talkies”, explican dende o Concello de Trives.
Esta actividade era organizada por DiverTrives coa colaboración de Radioafeccionados da vila e o grupo de emerxencias EMCOM.
Fotos: Concello da Pobra de Trives.