Dende a aldea de Grixoa (Viana do Bolo) os máis pequenos tamén están a conmemorar as Letras Galegas, que neste ano 2020 están dedicadas a Ricardo Carvalho Calero.
Os irmáns Esteban, Isabel e Fernando elaboraban este fermoso mural con debuxos e textos relativos á figura e a obra do autor ferrolán para sumarse á festa da cultura e da lingua galega.
Foto e vídeos (realizados polos nenos) cedidos.