ConcellosParada de SilÚltima hora

Os nenos de Parada de Sil reparten macetas no comercio e coñecen o labor de Protección Civil

 

Os rapaces de Parada Sil vivían o 21 de agosto outra xornada especial. Primeiro, acompañados dos monitores e da Asociación de Noviñ@s do Sil, entregábanlle aos negocios do municipio unha maceta feita por eles. Tamén lle entregaban unha ao Concello, onde era recollida polo o concelleiro de Cultura e Turismo, Paco Magide, que lle agradecía este xesto e os animaba a seguir participando en actividades.

 

 

A continuación, os responsables da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio, José Angel Herrero e Sergio Herrero, amosábanlle aos cativos o camión motobomba, o coche de Protección Civil e unha lancha pneumática da que dispoñen dende fai uns meses por se hai accidentes no encoro.

Tamén aproveitaron para explicarlle aos nenos que “a colaboración entre todos e a solidariedade é a que fai que este concello sexa un exemplo en canto á organización de actividades”.

Xogos e xuntanza dos maiores no xeriátrico

Ademais neste martes realizaban unha xuntanza e xogos coas persoas do xeriátrico para manter un encontro interxeneracional que, de seguro, resultou interesantísimo e gratificante para ambos colectivos.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button