O cantante e compositor vigués Villanueva presentaba na noite do 15 de xaneiro no Barco o seu novo disco “Gallo Negro”. Facíao nun exitoso concerto en acústico no Café Teatro Bajo 5, na zona antiga da vila.
Este novo traballo, conformato de ópera e producido polo guitarrista de Vetusta Morla, Juanma Latorre, inclúe 10 cancións cun fío condutor despregado nunha abertura 4 capítulos e un epílogo.

A través destes temas facía un percorrido desde o rock ata a cumbia, da chacarera á rancheira pasando polo huapango, todo iso mesturado por momentos cun imaxinario lírico propio de tradicións orais do folclore de países bañados polas augas do Atlántico.

“Gallo Negro” constitúe unha homenaxe á música de raíz latinoamericana e fronteiriza con EEUU, segundo Villanueva e así o amosaba onte no Barco.
Fotos e vídeo cedidos.
Ver un dos momentos da actuación
