En portadaÚltima horaVídeos

Os participantes na V BTT Ruta do Viño de Valdeorras percorren baixo a chuvia a Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)

 

Marcada pola chuvia, longamente esperada, e pola fermosura da paisaxe outonal, estivo a V BTT Ruta do Viño de Valdeorras, que na mañá deste domingo 19 de outubro percorría boa parte do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, no municipio de Rubiá.

 

 

Un tramo da restaurada Vía Nova, miradores, rutas sinalizadas, pintorescas aldeas como Covas ou Vilardesilva fixeron as delicias dos participantes nesta proba ciclista non competitiva, promovida pola Ruta do Viño de Valdeorras para promover o territorio vitivinícola da comarca vinculalo á práctica deportiva, como ferramenta para impulsar o interese turístico da zona, que contou coa colaboración do Concello de Rubiá, da Deputación e da Axencia de Turismo de Galicia.

 

 

De feito, antes de cortar a cinta, na saída situada na praza da Baicela, o director Xosé M. Merelles, destacou o potencial deste tipo de eventos para a promoción turística do destino e desta concretamente “que permite gozar da riqueza paisaxística, natural e cultural da comarca de Valdeorras”.

 

 

Este constitúe unha das distintas apostas que desde a Xunta de Galicia se están a facer para promocionar o turismo en Valdeorras. Como exemplo, o Plan de sustentabilidade en destino Valdeorras Ruta do Viño Milenaria ten prevista unha inversión de 1,5M€. Varios concellos incluídos resultaron ademais beneficiarios das axudas a municipios de menos de 10.000 habitantes, ata un total de 149.910,18€. A isto hai que sumar as achegas a proxectos tractores de enogastronomía da zona, que sumaron 397.953,55€. Xunto con outros convenios e medidas, a inversión total nos concellos de Trevinca-Valdeorras supera os 2,8M€.

 

 

Tralo percorrido da proba (un curto de 35 e outro longo de 45) no que colaboraron diferentes agrupacións de Protección Civil, os participantes degustaban unha pinchada no pavillón municipal regada con viños da DO Valdeorras.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Máis información, fotos e vídeos:

Máis de 150 ciclistas retan á chuvia na V BTT Ruta do Viño de Valdeorras polo concello de Rubiá

Back to top button