SanidadeÚltima horaVídeos

Os primeiros 19 pacientes curados abandonan a residencia integrada de Os Milagros (Baños de Molgas)

As residencias de maiores da provincia rexistran 324 usuarios con coronavirus e 125 traballadores

Saída dunha das pacientes da residencia./ Foto cedida.

 

Ao longo de hoxe, 19 dos pacientes que permanecían ingresados na Residencia Integrada de Os Milagros (Baños de Molgas) abandonarán estas instalacións para voltar, “xa plenamente restablecidos da Covid-19, ao seu domicilio habitual nas residencias San Carlos de Celanova, 18 deles, e Castro Caldelas”, tal e como informa a Consellería de Sanidade.

Esta noticia foi recibida con gran satisfacción por parte dos traballadores sanitarios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras que se implicaron, tanto na montaxe desta residencia, na última semana de marzo, partindo de cero, como na atención asistencial dos seus residentes. Un equipo formado por profesionais da Área, dirixido por Alvaro de Castro, médico de atención primaria, Ana Gómez, enfermeira e Mercedes Pulgar, enfermeira e traballadora Social do Hospital Universitario de Ourense, aos que se sumaron, os pasados días, os residentes de medicina familiar e comunitaria do último ano de Ourense, contratados xa como especialistas.

 

 

Probas para usuarios e persoal de residencias

Por outra banda, os últimos días estase realizando na provincia unha recollida masiva de mostras, para a realización da proba diagnóstica de COVID-19 (PCR), a todos os usuarios e traballadores, do mais dun cento de residencias socio-sanitarias, públicas e privadas, existentes na provincia, co fin de poder tomar medidas preventivas e evitar contaxios. Afortunadamente, en moitas delas, os test están a resultar negativos para todos, tanto residentes como traballadores. Nas que non é así tómanse medidas de inmediato coa participación do persoal sanitario Sergas”, segundo Sanidade.

Así, onte facíanse máis de 600 probas, cifra que hoxe estímase en 643 co cribado das residencias do Val de Monterrei, Arnoia, Os Milagros de Vilamartín e Querqus. E que continuará mañá luns, noutros puntos da provincia, ata cubrir nos próximos días aos mais de 6.000 residentes ourensáns.

Por outra, segundo informaba onte este medio de comunicación a Xunta de Galicia decidíu intervir a residencia A Nosa Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras, para “garantir o correcto manexo asistencial dos seus residentes, ante elevado número de positivos por coronavirus, entre usuarios e traballadores do centro, e non se descartan novas medidas extraordinarias nas próximas horas, en colaboración coa Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras”, segundo adianta a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button