Con esta fin de curso no IES Martaguisela do Barco chega tamén o remate da súa andaina na docencia para Rose Deus, profesora de inglés, e Manuel Barreiro, de matemáticas, que levan varias décadas vinculados ao centro e agora se xubilan.
Este mediodía de 26 de xuño, na que era a súa derradeira xornada académica, recibían o agarimo dos seus compañeiros neste instituto, tanto os actuais como outros cos que compartiron a súa profesión anos atrás e que agora ou están noutros lugares ou xa se xubilaron tamén. A modo de fin de curso, na cafetería do IES Martaguisela tiña lugar unha petiscada e tamén eran agasallados con diversos detalles.
Fotos cedidas.


