O Concello da Gudiña era escenario esta mañá dunha reunión entre o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e os alcades deste deste municipio, Néstor Ogando; da Veiga, Juan Anta; da Mezquita, Rafael Pérez; cun concelleiro de Viana do Bolo; e coa rexedora de Vilariño de Conso, Melisa Macía. O obxectivo era abordar con todos eles a implantación da banda ancha nesta zona ourensá, grazas ao Programa UNICO e o Plan PEBA-NGA do Goberno. Na cita tamén estivo presente o xefe provincial de Telecomunicacións, Enrique San Martín.
A pretensión de ambos proxectos é que o 100% da poboación conte con banda ancha no 2025. Para iso, dende 2018 a 2021, o Goberno mobilizou máis de 1.120 M€ dentro do Plan PEBA-NGA do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, coa finalidade de lograr a implantación da banda ancha de nova xeración. Así mesmo, destinou, dende a súa posta en marcha e ata 2023, 2.000 M€ dentro do Programa UNICO-Banda Ancha do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.
Ambas iniciativas, financiadas con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, levaron banda ancha ultrarrápida a máis de 4 millóns de vivendas, conseguindo reducir drasticamente a fenda de conectividade entre o rural e o urbano.
Nesta xuntanza, o subdelegado do Goberno en Ourense e o xefe provincial de Telecomunicacións detallaron a evolución destes proxectos en Galicia