CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Radioafeccionados de Trives, coa participación máis alta de Galicia no exercicio #EMCOMNET2K18

Dende a estación de control de rede EH1NET ubicada en IN52PI, no Miradoiro de Cotorredondo (Pontevedra), realizábase o 14 de xullo o exercicio #EMCOMNET2K18. Nesta actividade de control colaboraban radioafeccionados de toda España.

As estacións galegas tiveron unha gran participación nesta proba, sendo a máis alta dentro da comunidade a dos Radioafeccionados de Trives, coordinados por ea1 ciu tomas EH1NET.

O exercicio comezaba cun contacto inicial entre EH1NET e EH9NET informando á estación directora da súa ubicación. Dentro deste exercicio incluíanse chamadas selectivas por distritos.

Dende o grupo de Trives amosábase o seu agradecemento a todos os radioafeccionados triveses pola súa participación e tamén a Tomás Ea1ciu “polo desenvolvemento da actividade”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button