Buscando facer máis levadeiro este tempo de corentena e, ao mesmo tempo promover o mundo da radio entre nenos e maiores, os Radiofeccionados de Trives, o Grupo DX Tierra de Rosalía de Padrón e Radio Club Fene Alfa Charlie veñen de organizar o concurso en DMR “O diploma A Cabra tira ao monte”.
A iniciativa está aberta á participación de todos os radioafeccionados que se conecten no TG e Galicia214012 e TG Cantabria 21439 e, en especial aos nenos “baixo a tutela do titular da estación de radio”.
Será a partir do domingo 10 de maio ás 7h. cando se poña en marcha este concurso e o seu diploma rematará o domingo 24 de maio ás 22h. Haberá diplomas de ouro, prata e bronce.
“Cada 48 horas no Facebook dos Radioafeccionados de Trives colocaranse as puntuacións de cada participante para así saber a clasificación e en QRZ.COM en EA!RCP”, segundo os organizadores.
As bases do concurso poden consultarse aquí: