ConcellosÚltima hora

Os Radioafeccionados de Trives poñen a funcionar o sistema LoRa

 

Os Radioafeccionados de Trives poñían a funcionar neste 30 de outubro o sistema LoRa, da man de EA2ATH -Carlos e EA1CUE -Jose. “Trátase dun sistema de localización dixital a radioafeccionados. Hai moitos anos, cando non existía o sistema de localización como o que ten o whatsapp nos móbiles, os radioafeccionados xa tiñamos os sistema APRS, pero agora en dixital está o sistema LoRa e así podemos seguir a todos os radioafeccionados que hai e damos cobertura, en cada zona hai que instalar un repetidor para ampliar a cobertura e chegar á zona de Valdeorras. Por aí podemos mandar máis puntos de cobertura”, explica Jose, dos Radioafeccionados de Trives.

Ademais, a súa intención é seguir ampliando a rede nesta zona, é dicir, no oriente ourensán.

Fotos cedidas.

 

 

O LoRa é un protocolo para transmitir información por radio, orixinalmente pensado para baixas velocidades e maximizar a eficiencia enerxética e de cobertura radio dos dispositivos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button