CulturaCulturaÚltima hora

Os Radioaficionados de Trives, na Feira da Rádio 2024 en Guimarães (Portugal)

 

Os Radioaficionados de Trives participaban nesta fin de semana na Feira da Rádio 2024, en Guimarães (Portugal), onde acodían en representación da radioafección galega por invitación.

Este evento, que vai pola súa segunda edición, estaba promovido pola QRX Norte en colaboración coa Associação Amigos da Rádio do Norte, tendo como escenario a Escola EB2+3 João de Meira.

 

 

A feira contaba cunha gran variedade de expositores e workshops que lle achegaban aos asistentes a oportunidade de explorar as últimas inovacións en materia de comunicacións por radio, así como de coñecer novas técnicas de operacións. Esta mostra tamén se convertía nun foro de intercambio de experiencias entre os membros da comunidade radiofónica.

Fotos cedidas.

Back to top button