Ata Parada de Sil achegábanse tamén Melchor, Gaspar e Baltasar. Alí repartían agasallos entre os máis pequenos e despois compartían con eles unha chocolatada.
“Cada ano hai máis nenos e nenas, por iso reiteramos a ilusión destas datas, que mantemos todo o ano, de acabar máis pronto que tarde, abrindo unha escola”, din dende o Concello de Parada de Sil.
Foto cedida.