Tamén en Larouco recibían na tarde do domingo 5 de xaneiro a visita dos Reis Magos de Oriente. O acto tiña lugar na igrexa parroquial, onde instalaran un orixinal nacemento con materiais reciclados, aproveitando para entregar o premio (un xamón) aos gañadores do 5º Concurso de Decoración de Nadal do Concello que foron Rosalía e Iván.

As Súas Maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar tamén visitaron a Residencia da Terceira Idade saúdando aos residentes.


Fotos cedidas.